Sobre min

Son Eva doRoxo a artista multidisciplinar que está detrás do proxecto artístico de Parafusa.

O noso taller muda coas estacións e tamén así os deseños da seda e a configuración das encadernacións que traballo con agarimo deixando que a natureza o invada todo.

A miña formación artística realiceina principalmente en Barcelona nas escolas de arte Massana e La Llotja, e tamén no Centro de Artesania de Lugo. 

Polo que os meus referentes de vida e de arte son as tradicións os sabores e olores das montañas Lucenses de onde ven Parafusa e as miñas raíces, pero tamén o Mediterraneo, a inteculturalidade  e o salitre que mora nas miñas sedas e nos meus deseños.

A fiminidade e a natureza soen ser os patróns de inspiración, máis a búsqueda e experimentación sempre deixan resultados increíbles.

Non deixo de estudar e formarme con diferentes colegas e profesionais, sempre coa interacción e o enriquecemento que dá poder traballar fora da area de confort.

A tradición e a natureza como dixen son dúas liñas moi fortes nos proxectos de Parafusa, máis tamén o é usar materiais sostibles, pigmentos, areas, refugallo, transformar as pezas sen alterar o entorno, deixar co tempo transcurra e modifique as obras para convertilas en pezas únicas.

Parafusa somos nós o papel e máis a seda.