Parafusa, Seda e Papel, onde o tempo non entende de reloxos.
O noso obradoiro é un lugar máxico onde escoitar os materiais e onde o tempo transcurre noutros termos.
Estamos situados na natureza, no rural das proximidades de Pontevedra e iso fai que nos movamos coas estacións, que as árbores e os visitantes – unhas veces petirubios, outras raposas e mouchos, moitas sacabeiras, insectos de todas as cores… – nos axuden a plasmar a esencia en cada novo proxecto xa sexa un cadro de seda, unha libreta ou libro de firmas, un libro de artista ou un foular infinito de seda salvaxe.
Vivimos entre o mar e a montaña e plásmase en cada peza.
ven a pasear con nós entre tintes, texturas, olores…